O avogado de Malpica é unha weblog que pretende servir a tódalas persoas, sexa empresario ou particular, para facilitar unha comprensión global dos seus problemas legais. Xa que logo, estamos afeitos a traballar decote con outros profesionais (economistas, contables, graduados sociais, aparelladores, arquitectos, enxeñeiros) na percura dunha solución xeral a cada problema, consulta ou xuizo.
O avogado de Malpica é un despacho de avogados, de asesoramento e consultoría con fonda especialización en litigación.
Dende esta weblog xurídica querovos dar a benvida a este escritorio dixital no que poderedes atopar a información xurídica necesaria e dar resposta ás túas consultas legais máis relevantes, dende a participación directa dos interesados e en contacto continuo con profesionais do dereito que, baixo a supervisión do avogado Carlos Arce Fernández, buscarán dar o presente espacio na rede un semblante de foro de discusión e posta en común de problemas, solucións e todas aquelas cuestión que os usuarios teñan a ben confiarnos.
En Malpica a 26 de outubro de 2006