Sen dúbida os datos que nestes días están a facer públicos os xornais son escalofriantes. Según os datos oficiais, as víctimas mortais en accidentes de circulación en Galicia, aumentaron en
máis dun 26% en xaneiro do 2006.
A DGT destaca o pouco uso que lle dan os usuarios o cinturón de seguridade, xa que 22 das víctimas mortais no o lo levaban posto no momento do accidente; un 71%. Asemade sinalanse como factores dos accidentes, a Idade dos conductores e a Velocidade Excesiva.
¿Qué facer nun accidente de circulación?
Trámites, paso a paso
En caso de sufrir un accidente na estrada o primeiro que cómpre facer é determinar se se produciron danos físicos.
Cando hai lesións, feridos ou falecidos, ou se o conductor contrario está baixo os efectos do alcohol ou se nega a aceptar posibles responsabilidades, a presencia da policía e, no seu caso, a asistencia médica, fan máis doado levantar un atestado que sirva como proba para un posible xuízo.
Se os danos só afectan á carrocería dos vehículos e son leves, o primeiro é tomar nota dos datos persoais do outro conductor e do seu vehículo. Se ámbolos conductores asinan a Declaración Amigable de Accidente, cumprimentaranse tódolos apartados e farase un esbozo do accidente que servirá como reconstrucción dos feitos.
A tramitación amigable acelera os trámites e os períodos de cobro, de seren precisos.
Nun parte de accidente deben figura-los datos dos vehículos e conductores implicados, o nome da compañía aseguradora e o número de póliza, así como toda a información sobre as condicións e circunstancias nas que se produciu o accidente, danos e lesións. Non nos debemos de esquecer de cubri-las casillas do parte relativas ás circunstancias do accidente, xa que iso facilitará a tramitación posterior entre compañías aseguradoras e servirá de proba no caso de que se chegue a xuizo.
Non está de máis tomar nota, a nivel persoal, do nome e teléfono das testemuñas do accidente, que poderían ser de axuda en caso de que non haxa acordo na versión ofrecida ás respectivas compañías de seguros.
De seguido, tódalas partes implicadas no accidente deben dar parte á súa compañía de seguros nun prazo máximo de sete días, non sendo que se fixara na póliza un prazo máis amplo. A compañía aseguradora que corra a cargo da indemnización mandará un perito para que avalíe os danos do coche.
Estos son os consellos básicos e recomendables para todos, nembargantes a máxima debe ser a seguinte:
RESPETA A SINALIZACIÓN, OS LÍMITES DE VELOCIDAD E ÓS DEMAIS USUARIOS DAS VÍAS, entre todos poderemos evitar moitos accidentes.