23.5.06

O delicado tema de AFINSA e FORUM FILATÉLICO

Dende que saltara os medios de comunicación o escándalo financieiro de AFINSA e FORUM FILATÉLICO, foron varias as persoas afectadas que requeriron os servicios de O Avogado de Malpica para informarse sobre qué facer en este caso, e cómo tratar de recuperar os cartos invertidos nas dúas empresasa citadas. Por iso, véxome na obriga de puntualizar e matizar o que está a acontecer.
A presunta estafa dos sellos amenaza con deixar sen aforros a unhas 350.000 persoas. En casos como este a miña particular recomendación e facer unha chamada a calma a actuar de seguinte maneira para tentar de recuperar os cartos invertidos:
1) Solicitar a desinversión das cantidades, nunha carta dirixida a AFINSA ou a FORUM FILATELICO (según corresponda), no que sería convinte que aparecese algo así como “atendendo á grave situación e as circunstancias excepcionais nas que se está vendo envolta a mercantil AFINSA (ou FORUM FILATÉLICO), dende o día 09/05/06, e comoqueira que dende a propia empresa non se están dando respostas solventes a crisis”.
2) Recopilar toda a información posible e non dar a ninguén os orixinais dos contratos, nen sequera a avogados ou asociacións que se constitúan o efecto.
3) Acudir a unha Asociación de Afectados, como as que se están creando en diferentes concellos. Por ejemplo na Coruña xa empezou a funcionar a Asociación Gallega de Inversores de Bienes Tangibles (ADEBITA), con la siguiente dirección y teléfono: c/ Juan Flórez nº 129 5º A, 15005 A Coruña (Tlfno. 981 151 829) http://www.asociacionafectadosforumafinsa.org/. Ademáis da citada xa existen en varios cidades de Galicia asociacións parecidas.
Para máis información póñanse en contacto con este despacho profesional ou consulten a páxina web da O.C.U. http://www.ocu.org/, onde os especialistas do organismo citado están facendo un seguimento exhaustivo do problema.
Por outra banda a Audiencia Nacional recomenda os inversores que agraden á evolución da investigación aberta polos xuices centrais de Instrucción nº 1 e 5 antes de presentar denuncias no seu nome polo perxuizo económico que puideran sufrir.

9.5.06

¿Quén Hereda se non hai testamento?

En Xuño de 1995 Aurelio, palentino, sen fillos, faleceu sen facer testamento. O home tiña moita amizade con Anxo e Mercedes, de xeito que tiña na súa conta bancaria a esta parella. Anxo e Mercedes dispuxeron dos cartos básicamente porque Aurelio dixéralles en moitas ocasións que eses cartos ían ser para eles, en definitiva foron cerca de 100.000, €.
Nenbargantes, pasado o tempo, uns parentes do finado reclamaron xudicialmente a Anxo e Mercedes os cartos da herdanza, aducindo que Aurelio non tiña feito nengún testamento e polo tanto eles eran os seus herdeiros legais. No ano 2000 a Audiencia Provincial de Palencia desestimaba o recurso de apelación interposto por Anxo e Mercedes e estimaba a reclamación efectuada polos familiares de Aurelio.
En moitas ocasións as disputas máis encarnizadas que se viven nos xulgados, ou for a deles, ten a súa orixe na división das herdanzas cando a persoa que nos deixou non fixo testamento e non é posible atribuir os bens de forma pacífica. Por iso é necesario coñecer quén herdará en caso de non existir testamento. Dende este despacho, e na nosa labor de achergar o mundo do dereito ó cidadán de a pé elaboramos un cadro que será de utilidade para casos como o que comentamos:

Se deixa fillos ou netos


Se hai conxuxe: O conxuxe hereda o usufructo dun tercio da herdanza. Os fillos herdarán o que queda a partes iguais.

Se non hai conxuxe: Herdarán os fillos a partes iguais

Se só deixa pais ou ascendentes

Se hai conxuxe: O conxuxe herdará o usufructo da mitad da herdanza. Os pais herdarán o resto.

Se non hai conxuxe: Herdarán directamente os pais.

Se non deixa ascendentes ou descendentes

Se hai conxuxe: Herdará todo.

Se non hai conxuxe: Herdarán os irmáns, se hai; logo os sobriños; despois os tíos carnais e por último os primos. Se faltan eles herdará o estado.