17.8.06

Consultas sobre a inmigración (II)

Caso 2 (empresario de Ponteceso que quere contratar os servizos dun traballador ecuatoriano): Son un empresario español e quero contratar a un traballador ecuatoriano que vive en Carballo dende fai dous anos e oito meses. ¿Teño que esperar a resposta negativa do INEM, o podo presenta-la solicitude directamente en Extranxeiría? ¿Ou ten que ir o traballador primeiro ó seu país?


Se o traballador encóntrase en España dende fai aproximadamente tres anos, poderá corresponderlle o que se chama Arraigo Social, en canto cumpla tres anos de permanencia continuada en territorio español. Convén, neste caso ó interesado, acollerse a ese beneficio posto que un contrato no país de orixe conlevaría (1º) o seu inmediato retorno a Ecuador, (2º) a ubicación do posto de traballo requerido no catálogo trimestral do SEF (Servizo de Empleo e Formación) -ex INEM-, e (3º) a conseguinte espera para a admisión a trámite e a resolución correspondente antes de (4º) poder recibi-la autorización de tramitación de Visa de Traballo e Residencia.

8.8.06

Consultas sobre a inmigración (I)

Nas últimas semanas veño de recibir moitas consultas vía correo electrónico, consultas que teñen en común o tema da inmigración, a regulación da situación dos inmigrantes na nosa terra, e cómo acadar os permisos e licencias precisos para estaren de forma legal aquí. A continuación reproducirei tres dos máis significativos:

Caso 1 (chilena afincada na zona do Barbanza): Casei fai dous meses. Meu home é español e eu chilena, deseo reagrupar a miña irmá que acaba de quedar viuva e ten dous fillos pequenos. ¿Debo acudir o Rexistro Civil ou a Extranxería? ¿Qué documentos necesito?

Non necesita documentación algunha porque ese trámite non existe. O feito de ser esposa dun ciudadano español xa a ten convertido en ciudadana comunitaria, pero ollo porque iso non quere dicir que poda reagrupar a unha irmá maior de idade coa sua familia. El pode ingresar ó noso pais como turista por tres meses cando o desexe, posto que Chile non necesita visado. Nembargantes advirtalle que logo dos tres meses de estancia legalk, no caso de permanecer en España, o seu status migratorio será de irregular.