28.1.07

As viaxes e as compañías aéreas

Recentemente recibimos no noso depacho a visita dun cliente que plantexaba esta interesante cuestión: "O pasado Nadal realicei unha viaxe en avión dende A Coruña ata París (vía Madrid), para pasar alí uns días de vacacións coa miña muller. Por razóns que non nos deron a coñecer,es sen causa maior aparente, o voo saíu con retraso de A Coruña e perdemos o enlace de Madrid, e definitivamente perdemos 24 hs. das nosas vacacións. Quixera saber a qué compensación tiña dereito por parte da compañía aérea".
Aínda que neste caso o noso cliente tería dereito a unha indemnización polo atraso inxustificado do voo, a normativa non establece a cánto ascende o importe. A Lei de Navegación Aérea "só" sinala que as compañías aéreas non responderán ante os usuarios se a suspensión de voos ou o atraso obedecen a razóns de forza maior ou razóns meteorolóxicas que afecten á seguridade do voo. Aínda así, as compañías de transporte aéreo véñense negando a responder tamén no resto de supostos. Ampáranse nunha das condicións xerais dos contratos, pola que se autoeximen de responsabilidade polos atrasos, non garantindo os horarios e establecendo a posibilidade de modifica-los horarios sen previo aviso. Sen embargo, os tribunais están declarando nulas estas cláusulas, ó entenderen que vulneran a Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios, ó tratarse dunha cláusula abusiva contraria á boa fe e xusto equilibrio das contraprestacións das partes, danando de forma non equitativa e desproporcionada o consumidor. Por outra banda tamén os tribunais están facendose eco do importante perxuizo que supón a perda ou a merma do período de disfrute vacacional, e están otrogando indemnizacións nesa liña. Para o cálculo do importe das mesmas non existe un criterio único ou de referencia, e estaremos o perxuicio moral que supón para cada un esta merma das vacacións.
Por suposto a este cliente se lle recomendou a reclamación polas duas vías: 1) a do retraso que marca a Lei de Navegación Aérea, e 2) a do perxuicio moral por perder o día das vacacións.