8.11.05

Novo avogado no despacho de Malpica

O pasado luns día 7 incorporóuse o despacho de avogados de Malpica de Carlos Arce, un novo avogado. O seu nome é Manuel López Barreiro e xa traballou con Carlos Arce no pasado, concretamente no Bufete I. Andreu de Barcelona. É un profesional novo e cunha moi boa proxección de futuro, feito que sen dúbida redundará nun mellor servicio ós vecinos de Malpica.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Dámoslle a benvida ó compañeiro Manuel. Sabemos da súa profesionalidade e estamos seguros de que poderá axudar a todos aqueles que teñan problemas xurídicos. Aproveitamos tamén a felicitar ó señor Arce pola súa iniciativa e o seu carácter emprendedor que o levou a abrir despacho en Malpica.

Moita sorte ós dous

10 noviembre, 2005 23:33  
Blogger Carlos Arce said...

Moitas grazas amigos da Corveira.

11 noviembre, 2005 09:43  
Anonymous Anónimo said...

En primeiro lughar un saúdo, ya afectuoso, de benvida ó pobo. Xa era hora que tiveramos por eiquí uns avoghados dos que botar man. Yo noté que había xente o luns na casa de Gómez, imposible que o rapaz da radio non está nunca pola semana. Espero que teñan vostedes coñecementos das cousas da mar e dos mariñeiros que é do que máis fai falla. Non dubiden que acudirei a vostedes con calquera dúbida que teña neses asuntos de leis, naturalmente yo les pagaré por ello, sobretodo agora que andan co carallo das expropiacións para a carretera. pois nada, xa faleremos. Un saúdo e sorte. Muy bien...

11 noviembre, 2005 11:11  
Blogger Carlos Arce said...

Estaremos encantados de atendelo Sr. Emeterio, xa sabe onde estamos así que esperamos a súa visita. Grazas por todo.

11 noviembre, 2005 12:42  

Publicar un comentario

<< Home