12.5.08

Unha reclamación contra unha todopoderosa empresa eléctrica

O pasado mes de outubro chegou o noso despacho un cliente con seguinte problema:
Non lle chegaba a suficiente tensión eléctrica á súa vivenda, a pesar de ter contratada suficiente potencia e tensión. O cliente estaba xa farto de facer reclamacións estériles diante da administración, mesmo chegou a reclamarlle o Defensor del Pueblo. Todo sen éxito.



Finalmente recalou no noso despacho e dende aquí planteouse unha demanda de Xuizo Ordinario ante un xulgado de Murcia reclamando a Iberdrola que cumprise co estabrecido no contrato e ademáis indemnizara o cliente polos danos ocasionados nos electrodomésticos e o dano moral e perxuizo psicológico.



Unha vez que Iberdrola recibíu a demanda chegóuse a un acordo co seu servizo xurídico que concluíu en un Auto de Homologación que decía o seguinte:

Iberdrola comprométese a cumplir o estabrecido no artigo 104.3 do R.D. 1955/2000, sobre os límites mínimos que estabrece este artigo; se estabrece un prazo de garantía de seis meses. Se Indemnizarán os danos fixados na cuantía de 1.845,55 € e o dano moral de 4.000,00 € nun prazo de vinte días, sen costas nin xuros”.

Os letrados de Avogado de Malpica considerán esta resolución, froito do acordo previo coa eléctrica, moi bo para os intereses do cliente e ademáis fixa claramente o paso a seguer que teñen que tomar todos aqueles que consideren infrinxidos os seus dereitos fronte a empresas do calado de Iberdola, Fenosa, etc., que dominan o panoráma enerxético no noso país.

2.11.07

Novo éxito do despacho


O pasado mes de xullo recibimos a visita dun cliente de Murcia que tivo a mala sorte de que lle extraviaran as maletas nunha viaxe vacacional con SPANAIR. Farto das longas e estériles negociacións coa compañía acudíu ó noso despacho para interpoñer dunha vez por todas a pertinente reclamación xudicial.

Logo de ter preparada a demanda, presentóuse no Xulgado de Elche que tramitou a reclamación con número de autos 849/07 (Xulgado nº 5), na que se reclamaban unha serie de conceptos pola perda das maletas e ter mermado o disfrute das vacacións, entre a que se incluía o dano moral, é dicir os perxuizos psiquicos sufridos pola limitación evidente do disfrute das vacacións.

Tras unha dura e difícil negociación cos servizos xurídicos de SPANAIR, chegóuse a un acordo de indemnización que é basicamente o que segue:
1) SPANAIR abonou ó cliente a suma de 2.400,00 €, en concepto indemnizatorio polos perxuizos sufridos;
2) SPANAIR, como pago en especie, puxo a disposición do cliente unha viaxe gratis a todo o territorio nacional a canxear no prazo dun ano dende o acordo;
3) O cliente desistíu do procedemento xudicial;
4) Cada parte pagou as súas costas procesais.

Este óptimo resultado afianza a labor do Avogado de Malpica neste tipo de reclamacións, tal e como se puxo de manifesto no artigo publicado neste blog do 28/01/07.

Grazas a todos pola vosa colaboración, axuda e atención

2.10.07

A Garda e Custodia Compartida

Tra-lo cese da convivencia marital os deberes que compoñen a Patria Potestade quedan desdobrados, polo xeral, en duas vertientes: 1) a atribución da Garda e Custodia a un dos pais; 2) o estabrecemento dun réxime de comunicacións, visitas e estancias para que os fillos poidan estar co outro dos pais. Así se formula legalmente nos artigos 90 e seguíntes do código civil.
Nembargantes, isto non implica necesariamente a diferenciación das titularidades do proxenitor custodio e visitante respectivamente, se ben é certo que a terminoloxía legal lévanos moitas veces a esa diferenciación.
O que se quere salientar, seguindo as últimas tendencias en Dereito de Familia, é que, sen perxuizo de que o mantemento por parte dos menores dunha certa estabilidade domiciliaria, escolar, social e de entorno en xeral deba ser garantido mediante a permanencia continuada na maior parte do seu tempo nun mismo fogar, do que resulta verdaderamente importante falar é do reparto de tempo entre un e outro proxenitor con seus fillos de xeito igualitario.
Nesta idea atopa a súa verdadera esencia o que se veu en chamar últimamente GARDA E CUSTODIA COMPARTIDA, así pois aún considerando como proxenitor gardador ó que se queda cos fillos máis tempo (domicilio), os contactos pactados co outro dos pais é tan amplo que excede do que se coñece ata agora co termo de VISITAS.

O apartado 5 do artigo 92 do Código Civil, na súa nova redacción di que esta medida acordarase “(…) cando así o soliciten os pais na proposta de convenio regulador ou cando ambos cheguen a este acordo no transcurso do procedemento”. Vai máis aló dita normativa ó concederlle no apartado 8 ó xuiz potestade para que, de xeito excepcional, “a instancia dunha das partes, con informe favorable do Ministerio Fiscal, poderá acordar a garda e custodia compartida fundamentándola en que sólo desta forma protexese axeitadamente o interés superior do menor.”

29.7.07

¿Cando é obrigatorio acudir con avogado os xuizos?

A Lei de Axuizamento Civil (LAC) sinala que os litigantes deben comparecer e actuar no proceso por medio de procurador e dirixidos por un avogado. Esta regra xeral ten excepcións que non prohiben a intervención destes profesionais, senón que fan esa intervención facultativa. Entre as excepcións referidas, a LAC sinala que non se require de avogado nin de procurador nos xuízos verbais se a contía da reclamación non excede dos 900 euros, sen distinguir entre persoas físicas e xurídicas. Pero deben darse os dous presupostos: que o xuízo sexa verbal e que a contía sexa inferior á devandita cifra.
Tampouco é necesaria a intervención letrada para o inicio do procedemento do que falamos hai tempo, O Monitorio, sen embargo para á súa tramitación posterior si a cuantía supera os 900 euros teremos que estar defendidos por un avogado.

O motivo desta excepción é que se presupón que as reclamacións inferiores a esta contía se deben a cuestións sinxelas abondo como para que o descoñecemento do Dereito non sexa un inconveniente ou entorpecemento.
A pesares de non ser obrigatoria a presenza de letrados en determinados procedementos, como acabamos de relatar, sí é aconsellable estar asesorados por eles, porque son profesionais con experiencia en xuizos, pleitos, etc., seguro que irá máis seguro.
No tocante ás costas, a LAC di que cando a intervención de avogado e procurador non sexa obrigatoria, aínda que a outra parte si que poderá acudir con avogado, da condena en costas exclúense os honorarios. Esta é a regra xeral con dúas excepcións: que o domicilio da parte representada e defendida estea nun lugar distinto ó que se tramitou a reclamación ou que o tribunal aprecie temeridade (mala fe) na conducta do condenado (por exemplo, se unha persoa, malia a coñecer que o seu contrario ten razón, o obriga a emprender un litixio xudicial para despois acepta-lo que lle pide). Con todo, se concorre algunha destas dúas excepcións, o litigante ó que correspondan as costas dos avogados só está obrigado a pagar unha cantidade que non exceda da terceira parte da contía do proceso.

14.6.07

¿A súa empresa ten morosos? Non desespere

¿Qué empresa nalgún intre non ten sufrido a morosidade dos seus clentes? Cobrar os créditos comerciais é posible, non desespere.
Se non ten tempo para recupera-lo moroso acuda a un profesional, pero non abandone, cuanto máis tempo pasa máis difícil é o cobro.
A vía máis segura e rápida é o procedemento monitorio, regulado nos artigos 812 e seguintes da Lei de Axuizamento Civil.
Según a información publicada polo Consello Xeral do Poder Xudicial, a porcentaxe de Monitorios presentados respecto do total de asuntos xudiciais iniciados en España, chega ó 27%, cun índice de finalización dos mesmos que acada o 43% do total presentado, e que únicamente se opoñen a el un 16%, rematando co pago da débeda nun 45%.
Estes datos son moi esperanzadores para levar a cabo unha reclamación por esta vía, por ser barata e rápida.

¿PARA QUÉ DÉBEDAS E A QUÉN PODE INTERESAR?
Este proceso permite que pequenas débedas de cartos que non resulten controvertidas se poidan reclamar e cobrar dun xeito axil, sixelo e eficaz.
Especialmente recomendable para pequenos empresarios e comerciantes e Comunidades de Veciños, xa que permite ultilizalo "cando a débeda se acredite mediante certificacións de impago de cantidades debidas en concepto de gastos comunes das Comunidades de propietarios de inmobles urbanos" art. 812.2.2º LEC

¿CÓMO SE FAI?
O monitorio comenza coa presentación no xulgado dunha solicitude (ou demanda)na que se reclama, con un apoyo documental, unha cantidade concreta e exixible de diñeiro (impagada ou morosa). Esta solicitude podese facer recheando un impreso, e presentándoo no julgado do domicilio do deudor, non é necesario para este trámite inicial a intervención de avogado nin procurador.
Presentada a solicitude e admitida polo Xuiz, requeriráse ó moroso para que nun prazo de vinte días pague ou manifieste, mediante escrito, as razóns polas que no debe total ou parcialmente a cantidade reclamada.

FEITO O REQUERIMENTO PODE OCURRIR:
Que o moroso abone a débeda, caso no que finalizará o pleito. No intre no que o deudor faga o pago, faraselle un xustificante, e archivaránse as actuacións.

Que o deudor no lle pague ni dé razons por escrito para non pagar. Neste suposto o Xuiz dictará auto de execución contra o deudor para o pago da debeda e os xuros xerados. Se a débeda é superior a 900 euros, o solicitante precisará obrigatoriamente os servicios dun Avogado e un Procurador para os trámites da execución.

28.1.07

As viaxes e as compañías aéreas

Recentemente recibimos no noso depacho a visita dun cliente que plantexaba esta interesante cuestión: "O pasado Nadal realicei unha viaxe en avión dende A Coruña ata París (vía Madrid), para pasar alí uns días de vacacións coa miña muller. Por razóns que non nos deron a coñecer,es sen causa maior aparente, o voo saíu con retraso de A Coruña e perdemos o enlace de Madrid, e definitivamente perdemos 24 hs. das nosas vacacións. Quixera saber a qué compensación tiña dereito por parte da compañía aérea".
Aínda que neste caso o noso cliente tería dereito a unha indemnización polo atraso inxustificado do voo, a normativa non establece a cánto ascende o importe. A Lei de Navegación Aérea "só" sinala que as compañías aéreas non responderán ante os usuarios se a suspensión de voos ou o atraso obedecen a razóns de forza maior ou razóns meteorolóxicas que afecten á seguridade do voo. Aínda así, as compañías de transporte aéreo véñense negando a responder tamén no resto de supostos. Ampáranse nunha das condicións xerais dos contratos, pola que se autoeximen de responsabilidade polos atrasos, non garantindo os horarios e establecendo a posibilidade de modifica-los horarios sen previo aviso. Sen embargo, os tribunais están declarando nulas estas cláusulas, ó entenderen que vulneran a Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios, ó tratarse dunha cláusula abusiva contraria á boa fe e xusto equilibrio das contraprestacións das partes, danando de forma non equitativa e desproporcionada o consumidor. Por outra banda tamén os tribunais están facendose eco do importante perxuizo que supón a perda ou a merma do período de disfrute vacacional, e están otrogando indemnizacións nesa liña. Para o cálculo do importe das mesmas non existe un criterio único ou de referencia, e estaremos o perxuicio moral que supón para cada un esta merma das vacacións.
Por suposto a este cliente se lle recomendou a reclamación polas duas vías: 1) a do retraso que marca a Lei de Navegación Aérea, e 2) a do perxuicio moral por perder o día das vacacións.

2.12.06

Aluguer de vivenda: duración máis aló do pactado no contrato

Chéganos o noso e-mail, a seguinte consulta de J.M.A. de Noia: "Levo vivindo de alugueiro no mesmo piso cinco anos. Realicei un primeiro contrato dun ano. Cando este rematou o propietario díxome que se fiaba de min e que non facía falta a renovación. Pasaron xa catro anos e sigo vivindo no mesmo sitio sen contrato, eu cumplo co pago do alugueiro e con tódolos recibos dos suministros. ¿Que dereitos teño?, ¿Hai algún problema con este contrato?"
A Lei 29/1994 de arrendamentos urbanos regula os dereitos e obrigas das partes no contrato de arrendamento de vivenda. De acordo con esta lei, a duración do arrendamento será libremente pactada polas partes, pero se o pacto é por un período inferior a cinco anos, o contrato prorrogarase obrigadamente ata alcanzar o período mínimo deses cinco anos. Esta sería a situación que se presenta, na que por contrato escrito se acordou un período inferior a cinco anos, en concreto por un ano (algo habitual por otra banda), e o arrendamento se foi prorrogando anualmente ata acadar na actualidade os cinco anos. Cumpridos os cinco anos de duración mínima dun contrato de arrendamento de vivenda, o propietario arrendador pódelle notificar ó inquilino a súa vontade de non renovar o contrato, pero débeo facer cunha antelación de polo menos un mes á data de vencemento. Se neste caso xa transcorreron os cinco anos sen recibir notificación ningunha, o contrato considérase prorrogado obrigatoriamente por outro ano e así ata un máximo de tres anos. Xa que logo, pódese considerar que o contrato continuará vixente outros tres anos máis, salvo que o inquilino lle manifeste ó arrendador a súa vontade de non renovalo cun mes de antelación á data de cada vencemento anual.
No tocante ós dereitos e obrigas, estes son os mesmos cós acordados no primeiro contrato escrito, máis aqueles que estableza a lei e que non se recollan expresamente no documento contractual. Hai que conservar ese documento e ter en conta a data do vencemento.
O máis relevante seña quizáis o tocante a renda, que seguirá sendo a acordada no contrato inicial, actualizándose ou incrementándose anualmente conforme ós pactos que nel consten, que habitualmente é o incremente do IPC.

4.11.06

Novidosa sentenza de Propiedade Intelectual

Pedían para él dous anos de cadea, 7.200,00 € e pago de dúas indemnizacións: unha de 18.361,00 € a AFIVE e outra, por determinar en execución de sentenza, para ADESE e ADIVAN (Asociación de Distribuidores e Importadores Videográficos de Ámbito Nacional). Dous anos de cadea por descargar e compartir música e videos a través de internet que unha xuiza de Santander terminou por borrar.
Na sentenza se absolve o internauta por considerar que descargar e compartir música a través de internet non constitúe delito se non existe ánimo de lucro. Ademáis na sentenza asegúrase que esta práctica está amparada polo dereito da copia privada.
A maxistrada argumenta o seu dictamen co seguinte "nin mediaba precio nin aparecían outras contraprestacións que a propia de compartir entre diversos o material do que dispoñían. E a xuizo desta xulgadora, iso entra en conexión coa posibilidade que o artigo 31 da Lei de Propiedade Intelectual estabrece de obter copias para uso privado sen autorización do seu autor; sen que poida entenderse concurrente este ánimo de obter un beneficio ilícito".
En definitiva non corresponde ó internauta sanción penal algunha.

22.10.06

A Nova Lei de Dereito Civil de Galicia- O cambio das Lexitimas

A nova Lei de Dereito Civil de Galicia publicada no D.O.G. nº 124 do día 29/06/06, no seu artigo 243 dispón que "Constitue a lexitima dos descendentes a cuarta parte do haber hereditario líquido que, determinado consonte as regras desta sección, se dividirá entre os fillos e as súas linaxes". A importancia desta novidade lexislativa estriba en que, ate a publicación e entrada en vigor da actual norma, a lexítima dos herdeiros era de 1/3 do haber hereditario, tal e como segue sendo no dereito español recollido no Código Civil.
A partir de agora pasa de ser de ese 33,33% que constitúe o tercio, ó 25% que é no que se traduce o 1/4 do haber hereditario.

29.9.06

Consultas sobre a inmigración (III)

Caso 3 (Colombiana residente en Camariñas que presentou os papeis para a súa Normalización): Acabo de recibir unha resolución onde me piden o Certificado de Antecedentes Penais Apostillado, non entendo a qué se refire, pois teño presentados tódolos papeis que me pediron de Colombia, papeis que trouxera no ano 2000 cando vin por primeira vez a España. Danme 15 días de prazo e non sei que facer pois no traballo non me deixan sair durante a semana.


O certificado ó que fai referencia a resolución é o Pasado Xudicial coa respectiva apostilla de La Haya. Se presentou ese documento fechado no ano 2000 xa non está vixente e terá que subsanalo a través do Consulado de Colombia. Ese trámite é persoal porque debe estampar a súa impresión dixital no documento. Expliquelle o caso o seu patrón e obteña un permiso para solucionar o asunto. Debe saber que a tramitación do certificado pódese demorar a lo menos tres meses, polo que deberá pedir a Extranxeiría unha prórroga mediante un escrito adxuntando a solicitude en trámite.

17.8.06

Consultas sobre a inmigración (II)

Caso 2 (empresario de Ponteceso que quere contratar os servizos dun traballador ecuatoriano): Son un empresario español e quero contratar a un traballador ecuatoriano que vive en Carballo dende fai dous anos e oito meses. ¿Teño que esperar a resposta negativa do INEM, o podo presenta-la solicitude directamente en Extranxeiría? ¿Ou ten que ir o traballador primeiro ó seu país?


Se o traballador encóntrase en España dende fai aproximadamente tres anos, poderá corresponderlle o que se chama Arraigo Social, en canto cumpla tres anos de permanencia continuada en territorio español. Convén, neste caso ó interesado, acollerse a ese beneficio posto que un contrato no país de orixe conlevaría (1º) o seu inmediato retorno a Ecuador, (2º) a ubicación do posto de traballo requerido no catálogo trimestral do SEF (Servizo de Empleo e Formación) -ex INEM-, e (3º) a conseguinte espera para a admisión a trámite e a resolución correspondente antes de (4º) poder recibi-la autorización de tramitación de Visa de Traballo e Residencia.

8.8.06

Consultas sobre a inmigración (I)

Nas últimas semanas veño de recibir moitas consultas vía correo electrónico, consultas que teñen en común o tema da inmigración, a regulación da situación dos inmigrantes na nosa terra, e cómo acadar os permisos e licencias precisos para estaren de forma legal aquí. A continuación reproducirei tres dos máis significativos:

Caso 1 (chilena afincada na zona do Barbanza): Casei fai dous meses. Meu home é español e eu chilena, deseo reagrupar a miña irmá que acaba de quedar viuva e ten dous fillos pequenos. ¿Debo acudir o Rexistro Civil ou a Extranxería? ¿Qué documentos necesito?

Non necesita documentación algunha porque ese trámite non existe. O feito de ser esposa dun ciudadano español xa a ten convertido en ciudadana comunitaria, pero ollo porque iso non quere dicir que poda reagrupar a unha irmá maior de idade coa sua familia. El pode ingresar ó noso pais como turista por tres meses cando o desexe, posto que Chile non necesita visado. Nembargantes advirtalle que logo dos tres meses de estancia legalk, no caso de permanecer en España, o seu status migratorio será de irregular.

13.6.06

Merquei un piso... ¿quén ten que facerse cargo dos recibos da comunidade anteriores?

É moi común que no momento posterior á compra dun piso, xurdan problemas como este. É dicir, o piso que acabamos de mercar no está ó día nos pagos á Comunidade de Propietarios. En teoría, e en principio antes de escritura-lo piso (consulte: La compraventa de la vivienda. Fernando Rodríguez Prieto, Notario.) o notario debería solicitar do vendedor unha certificación do Secretario da Comunidade co visto e prace do Presidente, no que se informe acerca das situación de dita vivenda en relación os gastos xerais. Desafortunadamente as veces, os notarios sustituen dito certificado pola propia declaración do vendedor, que pode mentir, ou cando menos non expresarse con total craridade e agochar débedas.
A Lei de Propiedade Horizontal indica que o propietario está obrigado a pagar os gastos xerais, que ese pagamento debe facerse no tempo e forma determinados pola Xunta de Propietarios e que as derramas por melloras aboara o que sexa o propietario no momento da esixencia da débeda.
Por outra banda, un novo propietario só está obrigado a facer frente ás débedas da vivenda anteriores a súa adquisición si coñece a existencia de dita débeda e foi expresamente reclamada. Se non ocorrese isto o novo adquirente só tería que aboar a parte correspondente á anualidade anterior. Nembargantes, para evitar este u otro problema, compre solicitar sempre a certificación da comunidade, de este xeito aforrarémonos moitos quebraderos de cabeza posteriores.

7.6.06

Cambio de aires

Estimados veciós de Malpica de Bergantiños, teño que comunicarvos que a partir do luns 3 de xullo, o despacho sito en Seixa pechará as suas portas de forma indefinida. O motivo de este peche é o traslado do titular do despacho, Don Carlos Arce Fernández a outro despacho da cidade de Murcia.
Nembargantes a liña de consultas on-line e telefónica seguirá aberta da forma habitual, agardando que vostedes sigan utilizándoa do xeito que ate o de agora se viña facendo.

Dende aquí quero dar as grazas a todos aqueles que confiaron no bo facer dos profesionais do Avogado de Malpica, e espero que no futuro sigan confiando en nos.

23.5.06

O delicado tema de AFINSA e FORUM FILATÉLICO

Dende que saltara os medios de comunicación o escándalo financieiro de AFINSA e FORUM FILATÉLICO, foron varias as persoas afectadas que requeriron os servicios de O Avogado de Malpica para informarse sobre qué facer en este caso, e cómo tratar de recuperar os cartos invertidos nas dúas empresasa citadas. Por iso, véxome na obriga de puntualizar e matizar o que está a acontecer.
A presunta estafa dos sellos amenaza con deixar sen aforros a unhas 350.000 persoas. En casos como este a miña particular recomendación e facer unha chamada a calma a actuar de seguinte maneira para tentar de recuperar os cartos invertidos:
1) Solicitar a desinversión das cantidades, nunha carta dirixida a AFINSA ou a FORUM FILATELICO (según corresponda), no que sería convinte que aparecese algo así como “atendendo á grave situación e as circunstancias excepcionais nas que se está vendo envolta a mercantil AFINSA (ou FORUM FILATÉLICO), dende o día 09/05/06, e comoqueira que dende a propia empresa non se están dando respostas solventes a crisis”.
2) Recopilar toda a información posible e non dar a ninguén os orixinais dos contratos, nen sequera a avogados ou asociacións que se constitúan o efecto.
3) Acudir a unha Asociación de Afectados, como as que se están creando en diferentes concellos. Por ejemplo na Coruña xa empezou a funcionar a Asociación Gallega de Inversores de Bienes Tangibles (ADEBITA), con la siguiente dirección y teléfono: c/ Juan Flórez nº 129 5º A, 15005 A Coruña (Tlfno. 981 151 829) http://www.asociacionafectadosforumafinsa.org/. Ademáis da citada xa existen en varios cidades de Galicia asociacións parecidas.
Para máis información póñanse en contacto con este despacho profesional ou consulten a páxina web da O.C.U. http://www.ocu.org/, onde os especialistas do organismo citado están facendo un seguimento exhaustivo do problema.
Por outra banda a Audiencia Nacional recomenda os inversores que agraden á evolución da investigación aberta polos xuices centrais de Instrucción nº 1 e 5 antes de presentar denuncias no seu nome polo perxuizo económico que puideran sufrir.