3.1.06

A nova Lei Antitabaco en Malpica

A nova lei que prohibe fumar nos centros de traballo e determinados bares entrou en vigor a o día 01/01/06.

Os donos dos bares e establecementos de lecer e restauración que teñen menos de cen metros cadrados de superficie poden, segundo establece a nova lei, decidir se permiten ou non fumar dentro deles, mentres que os que superan esa cifra deberán sinalizar cun cartel cal é a zona destinada ós fumadores, ata que fagan as obras de separación física, para o cal teñen un prazo de oito meses

Segundo as estimacións do sector hostaleiro, preto dun noventa por cento dos locais pequenos permitirá fumar, aínda que se espera que esta porcentaxe diminúa co tempo.

O incumprimento da prohibición que establece a lei por parte do traballador considérase unha falta leve, con sancións previstas de 30 a 600 euros, pero se se acumulan tres infraccións leves, entón converterase en grave, e sancionarase con multas que van desde 601 euros ata 10.000. Permitir fumar nos lugares en que existe unha prohibición total será considerado infracción grave.
Tras a entrada en vigor da nova lei, aprobada polo Congreso dos Deputados o pasado 15 de decembro, tamén será máis difícil mercar tabaco, porque a norma restrinxe case á metade os puntos de venda deste produto, que xa só poderá adquirirse nos estancos ou a través de máquinas expendedoras que conten coas debidas autorizacións.

Cómo ves a nova lei? Despois de estes primeiros días en vigor... cómo pensas que se está cumprindo na comarca de Bergantiños?

Interésanos moito a túa opinión

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

En primeiro lugar benvido a Malpica. Fun o domingo á misa e vin no taboleiro da parroquia o seu anuncio, e como non sei de ningún avogado porque por sorte nunca tiven que andar en pleitos nin tiven "problemas xurídicos" e agora atópome nunha situación que me xenera moitas preocupacións e dúbidas pois decidínme a escribirlle ó ve-lo seu ofrecemento de consultas. O caso é que teño un piso que levo alugando preto de dez anos sen ter ningún problema ate o de agora. O actual inquilino (leva no piso dende o 2003) aínda que comezou pagando puntualmente, non me aboou a renda dos tres últimos meses: outubro, novembro e decembro, a pesar de estarlle insistindo constantemente (e polas discusións que tiven con él -co seu contestador máis ben- non sei se me pagará máis). Quero botalo fóra, pero asústanme un pouco os trámites, o retraso e os gastos dos xuizos: ¿Habería algunha forma sinxela i económica de botalo?
Espero que me poida dar algunha solución (de ser preciso tamén faría por pasar polo seu despacho se pensa vostede que é mellor así). Sen máis, unha aperta e gracias por anticipado.
Mari

11 enero, 2006 14:41  
Blogger Carlos Arce said...

Estimada Sra.
En resposta a súa consulta teño que comentarlle que non hai ningún método económico para botalo
inmediatamente; a única solución sería pedir ante o
xulgado o desahucio con ou sen abono das cantidades que
deba en concepto de renda.
Tamen poide requerilo notarialmente para que abone as
súas débedas. Se ó cabo de catro meses dende o
reqerimento non paga, presente demanda xuidcial e
reclame o desahucio, a deuda e mailas costas do
xuizo.
Teña en conta que o moroso pode facer o que se coñece como enervación da acción, pagando antes do xuizo as cantidades da débeda, terminando así de forma prematura o procedemento xudicial. Se esto fose así, o moroso non podería volver a utiliza-la enervación en ningún caso.

18 enero, 2006 12:28  

Publicar un comentario

<< Home