Algo sobre as Rebaixas
Xaneiro e Febreiro son os meses favoritos de quen busca gangas. Ben planificadas, as rebaixas son a mellor ocasión para adquirirmos produtos de calidade a menor prezo. Días antes de que comecen podemos elaborar unha lista coas necesidades familiares e fichar nos establecementos os produtos que nos interesan. A máxima é non pasarmos por alto que seguimos tendo os mesmos dereitos que cando realizamos unha compra en tempada normal.
Lembre que os produtos que se venden en época de rebaixas deben ser os mesmos que estiveron á venda nos meses precedentes. Por iso, na etiqueta ten que figurar tanto o prezo anterior coma o rebaixado ou a porcentaxe de rebaixa que se vai ofrecer.
A etiqueta debe ser correcta e lexible en castelán.
Os produtos rebaixados que sexan exhibidos en escaparates deben levar expostos os prezos.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home