12.4.06

Qué facer ante unha expropiación

Ante a poderosa maquinaria administrativa, pouco ou nada póde facer o cidadán que recibe a notificación da expropiación.
Se as causas da expropiación encaixan nun dos supostos legais, o propietario do inmueble ou terreo non terá outra posibilidade que acceder ó que se lle impón. Eso sí, terá dereito a ser indemnizado co chamado "xustiprezo", que non sempre é tan xusto, ou cando menos iso é o que pensa a gran maioría de expropiados.
Pero é posible que os intereses xerales da colectividade xustifiquen esta figura legal da expropiación.
Se non existira, as corporacións locais e autonómicas, ou o propio Estado, terían que negociar en igualdad de condicións co particular e acabarían pagando prezos desorbitados ou, incluso, quedándose sen o que persiguen, que se supon que é sempre utilizado para o ben común.
Os bens que a Administración expropia os cidadáns están destinados á utilidade pública ou ó interese social.
Por esta razón, a Administración obriga ó particular a vender, alugar, ceder, cambiar un bien por outro ou, simplemente, a deixar de ejercitar un dereito a cambio de un prezo en concepto de indemnización.

Nembargantes, convén saber en qué casos e cómo se debe expropiar para que os intereses económicos do expropiado non resulten gravemente perxudicados. O expediente de expropiación forzosa que inicia a Administración debe respectar unhas normas que, con carácter xeral, son as seguintes: declaración de utilidade pública ou de interese social, declaración de necesidade de ocupación e determinación do 'xustiprezo'.
As administracións só poden expropiar cando sexa estrictamente necesario. Isto ocurre naqueles casos no que o ben (sexa un terreo, un edificio, ou un obxecto pertencente a un particular), sexa de utilidade para a finalidade pública ou necesario para o interese común.
Cando se dan estas circunstancias, a Administración interesada na expropiación debe declararlo. Unha vez constatada a necesidade de expropiar por razóns de utilidade pública ou de interese social, o expediente administrativo de expropiación iniciase coa presentación, por parte da Administración, dun listado dos bens ou dereitos que necesita expropiar. Durante os 15 días seguintes á presentación desta relación, cualquera persoa pode aportar datos para rectificar errores ou para opoñerse a suposta necesidade de ocupación de ditos bens.
Dentro de los 20 días seguintes á aportación destos datos, a Administración examinará e calificará os escritos. Se o estima oportuno, acordará a ocupación dos bens que se designaron inicialmente. Deberá publicarse e notificarse individualmente os interesados.