Unha de separacións... ¿quen queda coa vivenda?
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o número de separacións e divorcios medra en España a un ritmo tres veces superior ó de vodas. O propio Instituto de Política Familiar corrobórao e recolle nunha recente publicación que o número de matrimonios rotos ó ano medrou un 72% na última década.
Pero... tras unha ruptura matrimonial ¿Quen queda coa vivenda?
A vivenda familiar configúrase como un patrimonio ó servicio da familia como colectividade, é dicir, como unha especie de propiedade familiar que trascende ós propios cónxuxes, aínda que sexa un ben privativo dun deles. Cando hai fillos menores de idade ou dependentes, e de non haber acordo dos cónxuxes aprobado polo xuíz, o uso da vivenda familiar correspondelles ós fillos e ó cónxuxe que quede con eles, tanto se a vivenda pertence ós dous cónxuxes coma se é privativo dun deles. Se o matrimonio non tivo fillos ou estes son independentes no momento da separación dos seus pais, pódese efectuar unha atribución do uso de modo sucesivo e alternativo ata que se produza a liquidación do caudal común, sempre que esta vivenda sexa común ou un ben ganancial, e a posición económica de ámbolos cónxuxes sexa a mesma. No caso de que exista unha situación de desequilibrio económico entre os cónxuxes, nun primeiro momento atribuiráselle o uso da vivenda ó cónxuxe máis necesitado de protección. No caso de que a vivenda sexa un ben privativo dun cónxuxe, a regra xeral é que o uso da vivenda lle corresponda ó titular da vivenda. Pero, como excepción, o xuíz poderá acordar “que o uso destes bens, polo tempo que prudencialmente se fixe, lle corresponda ó cónxuxe non titular, sempre que, atendidas as circunstancias, o fixeran aconsellable e o seu interese fose o máis necesitado de protección”. Cando a vivenda familiar é de alugueiro, e se adxudica ó cónxuxe que non é titular do arrendamento, a Lei de arrendamentos urbáns dispón que o consorte non arrendatario poderá continuar no uso da vivenda. Neste caso o cónxuxe debe comunicarlle a súa vontade de continuar na vivenda ó arrendador e no prazo de dous meses desde que lle foi notificada a resolución xudicial, achegando copia da resolución xudicial ou da parte da mesma que afecte ó uso da vivenda.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home